Skip to main content
O Páramo

O Mago Antón enche O Páramo de maxia

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

A maxia invadirá o vindeiro domingo 25 de xullo o Concello do Páramo. Así pois, o Mago Antón será o encargado de traer a maxia, a ilusión e o descoñecemento ao campo da feira do Páramo, onde se celebrarán tres funcións. A primeira será ás 13 horas, a segunda será de 17 a 19 horas e, finalmente, a última será de 2o a 21 horas.

O espectáculo denomínase A volta a Galicia en 313 Concellos e comezou cando o Mago Antón, no 2018, emprendeu unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. Estas representacións suelen estar limitadas cun máximo de 70 espectadores por función e están dirixidas a todos os públicos.

Unha actuación que traerá ilusión e humor nunha xornada diferente, chea de maxia para que os máis pequenos e os maiores disfruten dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia.