Skip to main content
Samos

Samos recibe unha axuda para a contratación dun peón forestal

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos da a coñecer as bases da convocatoria de oferta pública de emprego mediante o sistema de concurso-oposición para o posto de peón forestal. As probas ás que se terá que presentar todo aquel que participe serán unha proba de galego, así coma unha proba práctica, que contarán 24 puntos. Outros nove puntos serán os que se consigan pola fase de concurso.

O contrato é temporal, polo que a súa duranción é de nove meses. Entra na concesión dunha axuda do programa Aprol rural, co que se pretende favorecer a contratación dunha persoa desempregada do ámbito rural.

As persoas que participen na selección deberán ter máis de 16 anos, estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e non terse beneficiado de ningunha axuda de emprego nos meses anteriores.

A este fin diríxese unha axuda de 13.750 euros. A persoa contratada terá unha xornada completa e o seu salario será de 1.166,67 euros brutos ao mes. As labores que deberá executar serán de limpeza de accesos a zona forestal. Así pois, para máis información pódese consulta a sede electrónica na páxina web do concello.