Skip to main content
Sarria

O III puntuable nacional de Pitch&Putt chega a Sarria o 10 e o 11 de xullo

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O próximo 10 e 11 de xullo celébrase no campo de golf Pilar de Sarria o III puntuable nacional de Pitch&Putt. Esta é a primeira vez que se leva a cabo neste campo de golf unha competición de categoría nacional, algo que consegue no ano en que cumple 15 anos dende a súa inauguración.

En canto ao torneo, hoxe, 9 de xullo, será o día no que se levará a cabo o rexistro de xogadores na oficina do torneo entre as 13.30 e as 19 horas. Os participantes deberán presentar o test covid negativo requerido, así coma a declaración responsable e o formulario de localización do persoal, cumplimentado en todos os apartados e firmado. Así pois, unha vez acreditado deberá aboar no club 35 euros en concepto de dereitos de inscrición. Unha vez finalizado este proceso xa se podería acceder ás instalacións do Pilar de Sarria.

Así mesmo, nese día, realizarase a xornada oficial de adestramentos para xogadores admitidos que será completamente gratuíta. Para poder participar niso, deberase reservar horario directamente no club de golf.

O número de participantes será de 54 xogadores, inscritos correctamente. No caso de que existan máis xogadores inscritos, realizarase unha lista de espera cos xogadores excluídos que se empregarán para cubrir as baixas que se poidan producir dentro do prazo previsto.

No caso de que algún dos xogadores inscritos non poida participar, deberá comunicalo por teléfono ao número 915 552 682 ou por escrito ao enderezo da Real Federación española de Golf -rfegolf@rfegolf.es-. Se algún xogador admitido se ausenta e non o comunica -a non ser que sea un motivo moi xustificado- quedará excluído da seguinte proba ou de calquera das organizadas pola RFEG e estará obrigado a realizar o pago do importe da inscrición.