Skip to main content
Sarria

Marcos Gómez logra o primeiro posto no III Puntuable Nacional de Pitch & Putt 2021

Por 12 Xullo, 2021Xullo 13th, 2021Sin comentarios

O Club de Golf El Pilar de Sarria acolleu a pasada fin de semana o Ranking Nacional de Pitch & Putt 2021, onde Marcos Gómez conseguiu o primeiro posto por diante de José María Ortiz de Pinedo e de Juan Soler. Tratábase, pois, da terceira das catro citas puntuables á marxe dos Campeonatos de España onde se reuniron 46 golfistas que buscaron alcanzar o título do xogo.

A proba componse por tres rondas de 18 foxos e, as dúas primeiras xogáronse o sábado mentras que a terceira celebrouse na mañá do domingo. Así pois, o gañador, Marcos Gómez, comezou a última volta a sete golpes do líder, Juan Soler, que non conseguiu lograr a vitoria despois de 56 golpes.

Marcos Gómez recibe o trofeo de campeón a mans de Mario Covelo.

No medio de ambos xogadores apareceu José María Ortiz, quen rematou a tan só un golpe do gañador a pesar de facer todo o que estaba na súa man para lograr este campeonato. Sen embargo, os acertados 46 golpes de Gómez frente aos 51 de Ortiz, lograron que este primeiro alcanzara o ansiado primeiro posto.

Así pois, na primeira xornada Ortiz foi o que se situou líder e a un só golpe atopábase Juan Fernández e Marcos Gómez. Sen embargo, ese primeiro lugar non durou moito xa que despois de disputar a segunda xornada no Club de Golf El Pilar de Sarria, Juan Soler conseguiu adiantarse e quedar como novo líder á espera da última xornada disputada na mañá do domingo. Foi nela cando o xogador Marcos Gómez, situado a sete golpes do primeiro posto, logrou a fazaña e gañou o III Puntuable Nacional de Pitch & Putt 2021.

Terceira proba valedera para o Ranking Nacional 2021

Os puntuables nacionais son catro. O primero deles, o que se xogou en marzo nas Palmeras (As Palmas) con vitoria de César Fernández de Caleya; o segundo, o disputado nas Encinas de Boadilla (Madrid) con Jorge Jimeno como vencedor; e o terceiro, éste que se disputou en terras galegas. Restará por celebrarse, por tanto, a cita de Masía das Estrelas (Valencia) os días 2 e 3 de outubro.

Resultados Finais

1. Marcos Gómez (49, 54, 46) 149 golpes

2. José María Ortiz de Pinedo (48, 51, 51) 150 golpes

3. Juan Soler (51, 45, 56) 151 golpes