Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

400 persoas reuníronse esta fin de semana no Trail das Bestas

Por 12 Xullo, 2021Xullo 13th, 2021Sin comentarios

Catrocentas persoas, o máximo permitido, foron as encargadas este domingo de darlle vida novamente ao Trail das Bestas, que celebrou a súa cuarta edición tralo parón obrigado do ano pasado pola pandemia.

As restricións obrigaron a algunhas modificacións, como no número de inscritos, pero tamén houbo cambios como que as saídas se fixeran de minuto en minuto en grupos de 15 persoas desde a área recreativa da Veiga, punto de partida cara á Serra do Xistral. E o tempo este ano acompañou para gozar das vistas.

José Santiago, do Os Corzos de Ortegal, fíxose co primeiro posto no maratón, un percorrido de 43 quilómetros que pechou en 4 horas, 31 minutos e 30 segundos. Iván Sangiao, do lucense CD Biosbardo, entrou na meta 18 segundos despois. E o pontés Esteban Díaz, do O Caxado, completou o podio ao parar o crono en 4 horas, 33 minutos e 37 segundos.

Na categoría feminina, Sandra Fernández, do Club de Montaña Xesteiras, con sede en Cuntis, quedou primeira cun tempo de 5 horas, 42 minutos e 9 segundos. Tereza Ctvrtnickova, das Pontes, conseguiu a prata (6 horas, 22 minutos e 15 segundos) e Vanessa Varela, de Tribo Trail, levou o bronce, cun tempo de 6 horas, 54 minutos e 5 segundos.

Na proba de 27 quilómetros, na categoría masculina gañou Carlos Pernas (Pena Lareira Trail), seguido de Antonio Cadaveira (Traileros Toxos e Birras) e Moisés Romo (Tibi Vertival), cun tempo de 2 horas, 25 minutos e 53 segundos. Na feminina, Beatriz Álvarez ( Müller en Forma), que chegou en 2 horas, 56 minutos
e 33 segundos, levou o primeiro posto. Completaron o podio Carla Trillo, do club Ría de Foz, e Sara Varela, do Entrecabos.

No percorrido de 14 quilómetros, a máis numerosa con 122 participantes, gañaron
Manuel Pais (Tribo Trail) e María José López, do Club Atletismo Vilalba, con 1 horas, 5 minutos e 34 segundos e 1 horas, 32 minutos e 21 segundos, respectivamente.