Skip to main content
Xermade

Xermade contará este verán con campamento

Por 6 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 16 anos de idade.

O campamento terá lugar entre o 26 de xullo e o 13 de agosto en horario de mañá, de 10.00 a 14.00. horas con posibilidade de amplialo ás 8.00 horas para madrugadores.

Durante o mesmo, que terá lugar na carballeira de Momán, desenvolveranse actividades artísticas, obradoiros, pintura, música e saídas á praia e a Cerceda, ademais dunha festa.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse antes do 9 de xullo, a través do rexistro do Concello.

Darase máis información a través do teléfono 678 744 178.