Skip to main content
Xermade

Xermade adxudica o Plan de Mellora de camiños 2021-2022

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria, para adxudicar diversas obras de reparación de camiños, entre as que destaca Mellora de camiños en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo, financiada con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader.

Tras a xustificación da baixa temeraria presentada, a mesa de contratación reunida o 1 de xullo de 2021 elevou ao órgano de contratación proposta de adxudicación en favor da empresa Cholo SL, que ofertou 44.472,82 euros e 9.339,29 correspondentes ao IVE, o que supón un total de 53.812,11 euros (IVE engadido).

Ademais presentou melloras na limpeza de cunetas e marxes, con medios mecánicos ou manuais, incluíndo apilado e carga en camión de residuos xerados, e transporte a vertedoiro ou lugar designado pola dirección de obra: 3.813 metros lineais por ambas marxes.

Tamén ampliou a garantía de 36 meses (sobre o mínimo esixido).

A obra será dirixida pola técnica de medio ambiente, urbanismo e obras municipal, e prevese o seu inicio no presente verán.