Skip to main content
Uncategorized @gl

As altas conteñen a cifra de casos activos da covid

Por 2 Xullo, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

O elevado número de altas desta xornada mantiveron controlados os casos activos, xa que se produxo un novo aumento de contaxios novos.

Así, a  provincia amanece este venres con 224 casos activos (2 máis que onte) cando a xornada anterior o aumento foi de 16. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 28 casos novos (onte foron 27 e o día anterior 19), e as altas chegaron ás 12.848, (24 máis que onte), unha diferencia importante co día anterior no que as altas foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.293 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa en 5 persoas ingresadas. No Hula hai 2 na UCI e 2 en planta, e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

Sarria e Lugo concentran o maior número de casos novos e son varios os concellos con incidencia elevada debido á súa baixa poboación como Láncara, Quiroga, Taboada e Sober.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo e O Vicedo. Únese A Pontenova.
  • Trabada e Cervo fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Xove.

Terra Chá

  • Cospeito, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pol leva unha semana sen casos novos. Únese Friol
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Begonte. Únese Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 73 (6 máis).
  • Palas, Castroverde, Portomarín e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese O Corgo.
  • Monterroso leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue subindo. Xa son 49 positivos (8 máis), co concello en alerta alta e aínda en crecemento.
  • Láncara volve ter contaxios e ten moi alta a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Quiroga e Taboada teñen moi elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos. Únese Sober
  • Monforte ten casos tamén pero con baixa incidencia. Únese Carballedo.
  • Chantada segue con dez contaxios e baixa incidencia.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.