Skip to main content
Uncategorized @gl

Falece un home en Lugo por covid malia ter a vacinación completa

Por 3 Xullo, 2021Sin comentarios

A covid pecha unha xornada de claroscuros, cun aumento de casos activos, un descenso de contaxios novos e de hospitalizados pero un falecemento, o primeiro en varias semanas.

Así, a  provincia amanece este sábado con 230 casos activos (6 máis que onte) cando a xornada anterior o aumento foi de 2. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 15 casos novos (onte foron 28 e o día anterior 27), e as altas chegaron ás 12.855 (7 nun día), unha diferencia importante co día anterior no que as altas foron 24.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.307 casos rexistrados e 217 persoas falecidas, tras sumar o caso dun home de 67 anos que estaba na UCI do Hula e que xa tiña a pauta da vacina completa e sen patoloxías previas.

A presión hospitalaria rebaixa a 2 persoas ingresadas (2 menos). No Hula hai 1 na UCI (1 menos) e 1 en planta, e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

Sarria e Lugo concentran o maior número de casos novos e son varios os concellos con incidencia elevada debido á súa baixa poboación como Láncara, Taboada e Sober. Entre neste grupo tamén Triacastela.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, O Vicedo e A Pontenova.
  • Cervo fai unha semana que non ten contaxios novos. Únese Burela.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Xove. Únese Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pol e Friol levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Begonte e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 77 (4 máis).
  • Palas, Castroverde, Portomarín, Guntín e O Corgo teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Monterroso leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue subindo. Xa son 51 positivos (2 máis), co concello en alerta alta e aínda en crecemento.
  • Láncara volve ter contaxios e ten moi alta a incidencia. Únese na mesma situación Triacastela.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Taboada e Sober teñen moi elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
  • Monforte e Carballedo teñen casos tamén pero con baixa incidencia. Únese Quiroga.
  • Chantada sobe a 13 contaxios pero segue coa incidencia baixa.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.