Skip to main content
Burela

A casa da cultura de Burela acolle a exposición Tecendo rede, tecendo recordos

Por 26 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Con motivo da Campaña polo Día Mundial do Alzheimer chega a Burela a exposición fotográfica itinerante Tecendo rede, tecendo recordos, da man da Federación de Alzheimer de Galicia (FAGAL) e AFAN Burela. 

Esta exposición, que poderá visitarse ata o 31 de agosto na Casa da Cultura de Burela, amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións de alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

A mostra chega a Burela coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais. A exposición será inaugurada mañá, 26 de agosto, ás 11 horas. Ao acto asistirá a alcaldesa en funcións e concelleira de Servizos Sociais, Carmela López.