Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Adrián Ben estará na final olímpica do mércores

Por 1 Agosto, 2021Sin comentarios

Adrián Ben será o primeiro atleta español que competirá nunha final olímpica de 800 metros lisos. O viveirense asegurou a súa posición de finalista acadando a segunda mellor marca dos descartados o que lle serviu para gañar un posto na final que se disputará o mércores ás 14.05 horas, segundo hora española.

Na anterior proba rematou terceiro na cuarta serie cun tempo de 1:45.30 por detrás do botsuano Nijel Amos, 1:45.04, e do kenyano Michael Saruni, 1:45.21.

Por outra banda, no pleno que se celebrará esta semana no Concello de Viveiro, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado fillo predilecto de Viveiro. “Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite, é un motivo de inmensa ledicia que un rapaz de Viveiro con traballo e humildade chegue ata onde está”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.