Skip to main content
Cervo

A obra Quen ten cu, ten medo! poderase desfrutar hoxe en Cervo

Por 12 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo segue coa súa programación de verán para este mes de agosto, así, hoxe o grupo Tarabela Creativa presentará Quen ten cu, ten medo!.

Trátase dun espectáculo para toda a familia que terá lugar na praza de San Cibrao ás 22.00 horas. Para asistir a esta actividade, que é gratuíta, cómpre anotarse media hora antes no mesmo lugar da actuación.