Skip to main content
Cervo

Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar

Por 21 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como Cervo Concilia, que se desenvolverá ata o 8 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9.00 a 14.30 horas.

60 pequenos de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, organizados en grupos burbulla para garantir a seguridade, e dirixidos por un equipo humano conformado por 10 monitores.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, compartiron un anaco cun dos grupos coincidindo cunha das actividades programadas ao aire libre no parque Reina Sofía, en San Cibrao, “unha tónica habitual nesta nova edición na que se priorizamos, sempre que o tempo o permite, as saídas ao exterior, en contacto coa natureza, ademais de promover actividades deportivas cunha importante aposta polas disciplinas individuais a raíz do COVID-19”.

Tal e como explicaron, o programa está a funcionar moi ben, “a pesar das dificultades engadidas pola situación sanitaria, que esixe uns estritos protocolos e unha loxística complexa, “redobramos esforzos e conseguimos o obxectivo de poder ofertar o servizo ao 100% das familias cervenses que quixeron participar”, engaden.

Para os vindeiros días o calendario de actividades contempla teatro, rutas de sendeirismo ou un escape room, e tamén celebrarán unha festa de disfraces, entre outras iniciativas.