Skip to main content
Foz

O Concello de Foz mellora a rúa Prado Vello, en Marzán, e o Camiño da Cadra

Por 27 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz está mellorando a rúa Prado Vello, en Marzán, e o Camiño da Cadra con cargo a remanentes do Plan Único 2020.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de foxos laterais e varrido da superficie, extensión dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor e pintado e colocación de sinalización vertical nos viais. Tamén se realizarán actuacións adicionais nas vías como a colocación dunha rexa de sumidoiro no Camiño da Cadra, de forma que se eviten acumulacións de auga”.

O rexedor municipal destaca: “traballamos nos detalles e preocúpanos moito a xestión responsable e honesta dos fondos públicos. Desde que entramos no goberno empréganse remanentes das adxudicacións do Plan Único en novas contratacións, o cal non acontecía anteriormente”.

Estas dúas obras supoñen un investimento de algo máis de 17.000 euros.