Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá acollerá diferentes actividades para setembro

Por 31 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Lourenzá acolle varias actividades culturais para o mes de setembro cos programas Cultura no Camiño, Ler conta moito e Música nas parroquias.

Así, estas actividades darán comezo o 5 de setembro co espectáculo do Mago Antón, A volta a Galicia en 313 concellos, que contará con 8 pases distribuídos desde as 12.00 ás 22.00 horas. O domingo 12 de setembro ás 20.00 horas o salón de actos do Concello acollerá a obra de teatro Tabú, a cargo de Tarabela teatro.

Dentro do programa Ler conta moito e dirixido a un público infantil, comezará o día 10 con Robótica educativa e Contos da Lúa. Xa o día 21 de setembro será a quenda de Lendas do Camiño. O día 24 a sala de exposición municipal acollerá a mosta de Xirapaus Kinética.

Xa por último, na Música nas parroquias, a Banda de Música de Lourenzá actuará o 5 de setembro en Santo Adrao.