Skip to main content
Mondoñedo

Fernando García Cadiñanos será o novo bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

O próximo 4 de setembro a catedral-basílica de Mondoñedo acollerá a toma de posesión do sacerdote burgalés don Fernando García Cadiñanos que será ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O 1 de xullo de 2021 anunciouse o seu nomeamento polo papa Francisco como bispo de Mondoñedo-Ferrol unha diocese que levaba vacante desde o 21 de outubro de 2020, tras o nomeamento de Luís Anxo das Heras Berzal como bispo de León.

Fernando García Cadiñanos naceu en Burgos sendo o fillo menor dunha familia obreira e numerosa. Estudou o bacharelato no Seminario Maior, Teoloxía na Facultade de Teoloxía do Norte de España e, posteriormente, a licenciatura en Teoloxía Dogmática.

Foi ordeado sacerdote da igrexa do Carmen de Burgos no 1993, e no 97 foi enviado a Roma a seguir coa súa formación na Universidad Gregoriana de Roma, obteniendo a licenciatura en Ciencias Sociales, especialidade en Doctrina e Ética en 2000.

É profesor da Facultad de Teología del Norte de España, profesor de Teología Moral Social e director da Aula de Doctrina Social de la Iglesia.