Skip to main content
Ribadeo

As obras da rúa da Estación de Ribadeo avanzan a bo ritmo

Por 13 Agosto, 2021Sin comentarios

As obras da rúa da Estación, que deron comezo hai dous meses e que suporán unha importante mellora para toda esa zona, avanzan a bo ritmo. Os traballos rematarán nun mes e o investimento que se está a realizar é duns 360.000 euros.

Esta obra ten un orzamento de 360.000 euros de custo, onde a Deputación puxo practicamente o 78% e os 80.000 euros restantes son asumidos con fondos propios do Concello, e vai supoñer unha ampliación no ancho do vieiro. Vai contar con beirarrúa, nova iluminación, os dous carrís van ser moito máis anchos e desde logo vaille dar unha calidade para os veciños dese barrio e unha seguridade pública para os viandantes.