Skip to main content
Axenda Caducada

A Pobra do Brollón programa para o mes de agosto dúas actuacións

Por 15 Agosto, 2021Agosto 29th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón finaliza agosto con dúas actuacións; unha para o vindeiro venres 20 de agosto e outra para o domingo 29.

Duncan de Palleiro é o primeiro dos dous espectáculos que se levarán a cabo. Unha obra de teatro infantil que está a cargo de Lila Teatro e que se realizará o vindeiro venres 20 de agosto, ás 19 horas. A obra trata sobre un can de palleiro, un can especial que pertence a unha raza mítica e con prestixio.

Duncan leva unha vida sinxela, nunha vila pequena e rodeado de amigos e amigas. Así mesmo, gústanlle moito os nenos e nenas polo que sempre lles leva sorpresas que non deixan a ninguén indiferente. Unha obra de teatro que xunta a amizade, a liberdade e a cultura e que busca transmitir valores.

Así pois, a obra levarase a cabo na área recreativa de Samugueiras e haberá que reservar entrada no teléfono 650 624 828 (preferiblemente WhatsApp).

Por outra beira, o domingo 29 será o turno do concerto de Ale, que se celebrará diante da nave de Salcedo. A hora á que comezará o concerto será ás 20.30 horas e tamén será preciso reservar no número de teléfono 650 624 828. Unha actuación que pecha a programación desde mes de agosto na Pobra do Brollón.