Skip to main content
Axenda Caducada

Touriñan estará en Mondoñedo este venres

Por 19 Agosto, 2021Agosto 20th, 2021Sin comentarios

O novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta, chega este venres 20 a Mondoñedo con Xosé A. Touriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola. A Alameda dos Remedios acollerá as actuacións ás 21,30 horas. As entradas poden adquirirse a través de comicamente.gal e de ataquilla.com.

 

O obxectivo é levar o humor galego a 12 concellos da Comunidade ata mediados de setembro. O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha pola Xunta co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán e Luis Piedrahita, xunto a Lucía Veiga, lideran o ciclo, que conta coa participación doutros referentes do humor galego, como David Amor, Oswaldo Digón, Marta Doviro, Marita Martínez, Carmen Méndez, David Perdomo, Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Pepo Suevos.

Comicamente arrincou no Carballiño a finais de xullo e, ademais de Mondoñedo, forman parte do seu percorrido Vigo, Vilagarcía, Sanxenxo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Lalín. Todos os espectáculos serán en emprazamentos ao aire libre e cunhas moi coidadas postas en escena.

Así, tras o paso do programa pola vila mindoniense, o domingo estará en Ferrol con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga.