Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un monólogo este domingo en Begonte

Por 19 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

O club fluvial de Begonte acolle este domingo, 22 de agosto, a partir das 21.30 horas, un monólogo do humorista galego Oswaldo Digón, que se inclúe na programación estival deseñada polo Concello e se enmarca na programación do Xacobeo.

O espectáculo leva por título Anecdoloxía e será de acceso gratuíto, pero para poder asistir será necesario revervar previamente a entrada. Isto pode facerse a través da web municipal ou das redes sociais do Concello, dado que o aforo é limitado.

Como requiren as normas sanitarias vixentes, tamén será obrigatorio o uso de máscara.