Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Friol un curso de prevención de ataques do lobo

Por 23 Agosto, 2021Setembro 1st, 2021Sin comentarios

O centro colaborativo de Friol acollerá un curso de formación sobre Convivencia e prevención de ataques de lobo á gandería.

Este curso impartirase entre o 30 de agosto e o 1 de setembro entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Para participar é necesaria a inscrición chamando ao ADR Comarca de Lugo ao 982 238 000.

Dende Rebinxe, co proxecto de investigación sobre o lobo O da la miúda, levan a cabo traballos de seguimento dos grupos e individuos no norte da provincia de Lugo co obxectivo final de obter datos científicos, obxectivos e actualizados da situación da especie na zona que permitan tomar as medidas de prevención máis axeitadas para cada área en particular, buscando reducir ao mínimo os danos que poidan ocasionar á gandería.