Skip to main content
Axenda Caducada

A ADC Sagrado Corazón recupera unha nova edición do seu torneo de verán

Por 21 Agosto, 2021Setembro 12th, 2021Sin comentarios

A ADC Sagrado Corazón recupera unha nova edición do seu torneo para categorías de fútbol-11 despois de que na pasada campaña non se puidese disputar con motivo da pandemia.

Así, os próximos 10, 11 e 12 de setembro o club organizará o XII Torneo de Verán de fútbol base Cidade de Lugo e que se disputará nos Campos José María Rodríguez Lago nas Gándaras.

Como en anteriores edicións este torneo converterase nun dos primeiros torneos da tempada en disputarse na comunidade galega aproveitando as últimas semanas do verán e previas ás competicións oficiais das diferentes categorías. Estará dirixido para as categorías infantil, cadete e xuvenil.

Xa confirmaron a súa participación no torneo clubs como o CD Lugo, RC Villalbés, CD Castro, SDC Milagrosa, SCD Residencia, ADC Piringalla, EF Polvoreira ou CD Ceosport Lucense, e polo seu posto o noso club ADC Sacro Corazón como equipo anfitrión.

Esta edición reunirá a un total de 36 equipos, 12 por categoría, e contará coa participación de preto de 700 xogadores.

Desenvolvemento do Torneo:

Venres 10 de setembro: categoría cadete.
Sábado 11 de setembro: categoría xuvenil.
Domingo 12 de setembro: categoría infantil.