Skip to main content
Axenda Caducada

A exposición De Amor e de Amigo, inaugúrase no Cebreiro

Por 31 Agosto, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos inaugurase o mércores, día 1 de setembro, a partir das 13.00 horas, na Palloza de Quico, en O Cebreiro, onde permanecerá aberta ao público ata o día 11 do mesmo mes. Esta novena e última etapa da Exposición didáctica e itinerante, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, en colaboración co concello de Pedrafita do Cebreiro e Museo do Castro de Viladonga está dedicada, e en homenaxe póstuma, a Pilar Armesto Valiña.

No acto de inauguración e homenaxe, participarán o alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo; o presidente da Asociación organizadora, Xosé María García Palmeiro, a directora do Museo Castro de Viladonga, Elena Varela Arias;  o comisario da Exposición, Luís Celeiro Álvarez, representantes das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, das entidades culturais de Galicia, das institucións, familiares e amigos de Pilar Armesto Valiña, a sobriña do cura do Cebreiro, que finou a finais do pasado mes de xullo.

A Exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos é unha mostra, de carácter divulgativo e itinerante, que transmite e fai visible a importancia da lírica galega na Idade Media, coas dez cantigas de Martín de Padrozelos, un dos primeiros trobadores coñecidos da nosa lírica. As súas dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, están musicadas e gravadas por A Quenlla, nun CD, que servirá como música ambiental na Palloza.