Skip to main content
Axenda Caducada

Xermolos entregará a Navalla de Manuel María a Xela Arias e Xosé Lois García

Por 31 Agosto, 2021Setembro 8th, 2021Sin comentarios

asociación cultural Xermolos continúa coa recuperación das actividades culturais cun acto que se desenvolverá o 8 de setembro en Outeiro de Rei e que rematará coa entrega da Navalla de Manuel María a Xela Arias mais á súa familia ademais de ao escritor Xosé Lois García pola súa participación na cultura da Terra Chá.

A programación dará comezo ás 14.30 horas cun xantar no río Ladra. Despois, ás 17.00, terá lugar un recital de poemas de Manuel María acompañados por música que se celebrará nas Penas de Rodas e ao remate levarán rosas vermellas á sepultura do poeta cahirego.

Concluirán a xornada co rito da entrega de navallas no campo de Santa Isabel a partir das 19.00 horas.