Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugoOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Brais Prados renova á fronte da escola de formación de adestradores de Lugo

Por 25 Agosto, 2021Sin comentarios

O Cented Formación, escola oficial de técnicos deportivos de Lugo aposta pola continuidade na zona de Lugo, coa renovación de Brais Prados como delegado provincial. A isto, sumaránselle novidades, como novas instalacións e ensinos, que permitirán o crecemento de cada un dos centros.

Nacido en Outeiro de Rei, Brais posúe o Nivel 2 de Adestrador de fútbol, e é graduado en Maxisterio de educación primaria coa especialidade en educación física, e tamén Técnico Superior en TAFAD. No seu currículo deportivo figuran varios éxitos deportivos no staff do CD Castro, co que chegou a subir a Terceira División, e unha vinculación moi duradeira no CD Lugo, cultivando varios éxitos, e dirixindo particularmente a campaña pasada ao filial xuvenil, en liga nacional.

“Continúo e agardo manter o nivel de alumnado tanto en número como implicación; e se cadra, poder amplialo. Traballarei porque a delegación siga co camiño que levamos. Deume o paso a seguir a comodidade de traballar co equipo humano de aquí. Estou a gusto e aprendo moito, non me gustan as zonas de confort e o sitio e a xente é o adecuado. A formación dun técnico deportivo é fundamental. Sen iso non se pode aspirar a nada. Na vida hai que ter boa formación e actitude, para seguir aprendendo e mellorando. Gústanme as facilidades de cara o alumnado para encamiñar as certificacións, que fanse sempre dende a valoración do esforzo. E logo o recomendaría porque o profesorado está por enriba de outras organizacións que ofertan estes cursos. A calidade fronte o pago ademáis, é fundamental”, explica.

Para finalizar, destaca un apartado fundamental para os xogadores de fútbol en activo, “sería moi importante facelo porque axuraríalles a mellorar no día a dia do seu equipo, e a eles como futbolistas no rendimento individual. Ademáis, que duda cabe que para unha vez que finalice a súa etapa como xogadores, preséntaselles unha alternativa laboral para a que xa estarían preparados”, conclúe.