Skip to main content
Lugo

Sae a licitación a xestión da cafetería do Vello Cárcere

Por 22 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello sacará a licitación, nas vindeiras semanas, o contrato para a xestión da cafetería do Vello Cárcere. A área de contratación ultima a redacción dos pregos, actualizados para adecuarse non só ás inquedanzas do sector senón tamén á nova situación de pandemia.

Dende o Executivo local explican que, “a pesar de que as bases xa estaban moi adiantadas en 2020, a aparición, en marzo, da covid-19 e as restricións, tan cambiantes, que se foron impoñendo á hostalaría, deixou o proceso nun impás, ante a incertidume da viabilidade que terían estes negocios mentres durase a crise sanitaria”.

“Toda vez que comenzamos a recuperar, pouco a pouco a normalidade, a tramitación administrativa do procedemento foi reactivada con celereidade, introducindo, ademais, novos aspectos que, por unha banda fagan a adxudicación máis atrativa para o empresariado local e, pola outra, se adecúen ao contexto social actual”, referiu a concelleira de área.

O Executivo local investiu preto de 30.000 euros para mellorar e modernizar as instalacións, ás que se dotou dun acceso independente, nun dos laterais do inmoble, orientado a que a apertura e peche do local non estivera condicionado ao horario do recinto cultural.