Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Nova área de lecer e deportiva

Por 15 Agosto, 2021Agosto 16th, 2021Sin comentarios

O Concello ultima a construción deste espazo, que unirá a diferentes xeracións e servirá para a convivencia da comunidade

Os veciños de Pol disporán en breve dun novo equipamento que, ademais, lles permite ampliar a oferta de servizos públicos.

O proxecto, impulsado polo Concello de Pol, consistiu na construción dunha nova área de lecer e deportiva en Mosteiro nun terreo de preto de 40.000 m². As instalacións, que están preto do pavillón municipal, o colexio, a piscina e a área de recreo do Muíño do Pacio, inclúen unha área de xogos e un campo de fútbol de herba natural.

A zona de xogos consta de pistas de billarda, bolos, petanca, chave, pista cuberta de pádel, xogos de mesa e unha tirolina.

O campo de fútbol ten unhas dimensións de 105×68 metros de terreo de xogo, máis de 1,5 metros de bandas nos laterais e 2,5 metros nos fondos.

Trátase dunha nova dotación que permitirá dinamizar a vida social, deportiva e económica deste municipio ao concentrar diferentes pistas e outras instalacións para as diferentes prácticas deportivas.

Este novo espazo pode servir para xuntar ademais xeracións de mozos e maiores, incentivando así a convivencia e a creación de comunidade. Con esta dotación, dase un impulso aos xogos tradicionais, unha promesa do Concello coa veciñanza.

Aínda que o espazo está practicamente terminado, ainda quedan por perfilar pequenos destalles polo que estiman que podería abrira as portas ao seu uso o ano que vén. Mentres, a piscina, por exemplo , xa está en funcionamento e permanecerá aberta de luns a venres en horario de tarde e sábados e domingos todo o día ata o 30 de agosto.