O Concello de Pol ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2024/2025 no Punto de Atención á Infancia (PAI), para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos.
Os que xa estiveron no PAI durante este curso e queren seguir non necesitan solicitar reserva pero si os novos. Poden facelo antes do 30 de maio nas oficinas do concello, na web ou no propio PAI.