Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Celebran en Pol un curso de cestaría

Por 14 Abril, 2024Sin comentarios

O concello de Pol acolle a fin de semana do 20 e 21 de abril un curso de cestaría dentro das actividades que organiza a Deputación en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño.

As sesións desenvolveranse o sábado e o domingo co mesmo horario, de 16.00 a 20.00 horas. Serán na Caseta da Carballeira de Mosteiro.

As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente no 982 345 029.