Skip to main content
MonterrosoPalas de ReiPortomarín

Palas, Monterroso e Portomarín reforzan a súa promoción turística

Por 11 Agosto, 2021Sin comentarios

O obradoiro de emprego Camiño de Santiago I contribúe a reforzar a promoción turística dos concellos participantes, Palas de Rei, Monterroso e Portomarín, coa elaboración ou actualización de guías informativas acerca dos principais recursos de cada municipio.

Esta función realízase en Portomarín e destacouse a importancia de “ordenar a información turística e presentala de forma útil, accesible en diversos formatos e con todos os datos de interese para que resulte fácil moverse polo territorio”.

Así pois, gabouse o acerto do obradoiro de “reforzar a atención ao visitante e impulsar o embelecemento dos espazos públicos para aproveitar ao máximo este Xacobeo bianual”. Neste sentido, lembrouse que tamén traballaron no acondicionamento dunha decena de zonas verdes e xardíns nos tres municipios.

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste 353.000 euros nesta iniciativa, que rematará a mediados de setembro e entra na súa recta final coa gran maioría dos proxectos concluídos. Tras superar o período de aprendizaxe teórica e práctica, os 20 alumnos traballadores recibirán o certificado de profesionalidade oficial que os acredita para exercer o oficio en calquera parte do Estado.

A Consellería resolverá proximamente as axudas para a posta en marcha de novos obradoiros duais, que ofrecen aos participantes experiencia laboral a través dun contrato de traballo en profesións con boas perspectivas de empregabilidade; para os concellos promotores supoñen a posibilidade de acometer obras e servizos de interese social en beneficio da comunidade.