Skip to main content
Samos

Samos cancela a Feira de produtos artesanais

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

Samos non acollerá este ano a Feira de produtos artesanais. A cita, que naceu en 1993 e que se organizaba dende o Concello e dende a Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos, non se celebrará este ano a causa da situación sanitaria.

Desta maneira, chega outro ano no que non se poderán desfrutar dos obradoiros, dos desfiles e das actuacións tradicionais, protagonizadas pola artesanía e pola cultura que transmitía un evento. A Feira conseguía atraer a turistas, así como a veciños e veciñas que gozaban dunha festividade tradicional e típica da comarca. Ademais, contaba con actuacións e actividades variadas, así coma a mítica misa no Mosteiro de Samos.

A posta en valor da produción dos artesáns da zona, así coma a divulgación de música, oficios e cultura; fan desta cita, un evento marcado no calendario e de obrigada asistencia. Sen embargo, por terceiro ano consecutivo -o último ano foi o 12 de agosto do 2018 onde cumpriu 22 edicións-, non se pode festexar por mor da situación provocada pola covid19.