Skip to main content
Cospeito

Cerimonia de clausura en Cospeito no campamento e na gardería

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Cospeito clausurou estes días o campamento de verán que se desenvolveu no termo municipal con participación de 53 rapaces, a práctica totalidade do aforo establecido, que era de 60.

Os pequenos goazaron dunha xeira de actividades para todos os gustos durante o mes de xullo en horario de conciliación entre as 8.00 e as 14.30 horas.

Na clausura fíxose entrega duns diplomas e dunha revista cun resumo do que foi o campamento con fotos de todos os participantes.

Por outra banda, o Concello tamén fixo a clausura do curso escolar na gardería municipal, onde os máis pequenos recibiron tamén os seus correspondentes diplomas e unha orla ataviados co sombreiro de graduado. Foron 7 os rapaces graduados que recibiron de agasallo un CD con imaxes e vídeos do seu paso pola escola infantil.

A responsable de Cultura, Menores e Educación, Rocío García Corbelle, foi a encargada de clausurar os dous actos, acompañada no campamento polo concelleiro Álvaro Puente Seijas.