Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia volve rexistrar un descenso de casos activos

Por 15 Agosto, 2021Sin comentarios

Os casos activos continúan baixando este domingo grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios e a hospitalización na planta malia que subiu na UCI. Así, hoxe hai 1.475 casos activos, o que supón 58 menos que onte. Esta cifra obtense polos 79 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 137 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.676 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixou. Hai 39 persoas ingresadas (1 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 e nas diferentes plantas son 32 os enfermos (2 menos); 23 están no de Lugo (a menos), 3 na Mariña (1 menos), 5 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta, que está establecido en 3 niveis, explícase a continuación:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei,
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.

POR COMARCAS

Na xornada de hoxe baixan os casos activos en toda a provincia malia os pequenos repuntes. Destaca a baixada de contaxios en Palas de Rei, Monforte e Lugo.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz, segue en 19 casos.
  • Barreiros, sobe 3 casos ata 14.
  • Burela, 38, 4 menos que onte.
  • Cervo, segue en 11.
  • Foz, 39 casos, 3 casos menos.
  • Lourenzá, leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, menos de 10.
  • O Valadouro, segue en13.
  • O Vicedo, leva unha semana sen casos.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo, sobe 3 casos ata 54.
  • Riotorto, con menos de dez.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 96 casos, 1 máis.
  • Xove, baixa 2 casos ata 12 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes, sobe 1 casos ata 27.
  • Begonte, con 10 casos.
  • Castro de Rei, baixa 3 casos ata 14.
  • Cospeito, baixa 1 casos ata 20.
  • Friol, menos de 10.
  • Guitiriz, sobe 2 casos ata 18.
  • Meira, con 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, baixa 4 casos ata 28.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, con 10 casos.
  • Vilalba, baixa 3 casos ata 43.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, con 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, sen casos nunha semana.
  • Paradela, sen casos nunha semana.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria, sobe 1 ata 53 casos.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, baixa 1 caso ata 13.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, sen casos na última semana.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo, baixa 45 casos ata os 438.
  • Monterroso, sobe 1 casos ata 18.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos na última semana.
  • O Corgo, con menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, con menos de 10 casos.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.

Ribeira Sacra

  • Monforte, baixa 10 casos ata 67.
  • Chantada, baixa 5 ata 27 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, sobe 1 casos ata 21.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Bóveda, sen novos casos nunha semana.
  • Taboada, segue en 11 casos.
  • Pantón, sen novos casos en quince días.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.