Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos estáncanse debido a varios gromos derivados do festivo do 15 de agosto

Por 23 Agosto, 2021Agosto 24th, 2021Sin comentarios

Os distintos gromos que se detectaron en varios puntos da provincia, principalmente entre a mocidade aínda non vacinada ou co proceso non rematado, impide unha xornada máis rebaixar o número de casos activos de forma significativa e aumenta a hospitalización de forma brusca. A orixe dos gromos atopouse nas celebracións e festas que tiveron lugar durante a fin de semana festiva do 15 de agosto.

Así, hoxe hai 1.231 casos activos, 1 menos que onte, cun rexistro de 78 novos positivos e 79 altas. Onte a baixada foi 3 casos, con 117 novos enfermos e 119 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.361 casos rexistrados e 231 persoas falecidas, 14 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria experimenta unha subida de novo. Hai 35 persoas ingresadas en catro hospitais (4 máis). Na UCI do Hula seguen 5 e nas diferentes plantas son 30 os enfermos; 21 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña, 5 en Monforte (2 máis) e 1 no Polusa.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Os gromo impiden que continúe a tendencia á baixa na provincia. Monforte é o lugar onde máis contaxios se produxeron, aínda que tamén son visibles na Pastoriza, que implica Meira e Castro de Rei.

A Mariña

  • A Pontenova, chega a 10.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros segue con 11.
  • Burela sobe a 19 (2 máis).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz baixa a 16 casos, 1 menos.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo sobe 1 ata 34.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 38 casos, 10 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 21 casos (2 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes xa está por debaixo de 10.
  • Begonte segue con 17.
  • Castro de Rei suma 10 ata 34.
  • Cospeito baixa 1 ata 11.
  • Friol, sen casos en quince días.
  • Guitiriz mantén 12.
  • Meira volve chegar aos 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce 1 caso ata 15.
  • Pol, sen casos na última semana.
  • Rábade suma 1 ata 20.
  • Vilalba baixa a 25, 3 menos.
  • Xermade volve ter algún caso.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria baixa 1 caso ata 38.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa a 11, 1 menos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo reduce ata 341 casos, 13 menos.
  • Monterroso sobe a 12, 1 máis.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, menos de 10.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, sen novos casos en quince días.
  • Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo volve ter algún caso.
  • Chantada segue con 32.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte sobe 13 casos ata 164 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada volve ter algún caso.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.