Skip to main content
Uncategorized @gl

Monforte pasa ao nivel máximo de alerta e súmanse outros seis concellos ao alto

Por 25 Agosto, 2021Sin comentarios

O novos contaxios seguen crecendo e volven provocar un aumento de casos activos que trouxo consigo un cambio no mapa de restricións que sitúa a Monforte no máximo nivel de alarma debido ao gromo detectado nesta vila entre a mocidade.

Ademais pasan tamén ao nivel alto Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober, que se suman a Rábade.

No nivel medio quedarán Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte.

Os resto dos concellos sitúanse en nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 28 de agosto.

OS DATOS DE HOXE

Así, hoxe a covid segue sumando positivos. Hai 1.342 casos activos, 50 máis que onte, cun rexistro de 138 novos positivos e 87 altas. Onte a subida foi de 61 casos, con 110 novos enfermos e 50 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.610 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mellora entre os graves. Hai 28 persoas ingresadas en catro hospitais (1 menos). Na UCI do Hula hai agora 2 (1 menos) e nas diferentes plantas son 26 os enfermos; 19 están no de Lugo, 3 na Mariña e 4 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito ata o próximo sábado:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Os gromos continúan sumando positivos, especialmente no Sur, con Monforte, Chantada e o Saviñao á cabeza; Lugo e Monterroso no centro, e Castro e Outeiro de Rei en Terra Chá. Na Mariña a situación mellora.

A Mariña

  • A Pontenova baixa a 12 (1 menos).
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros segue con 11.
  • Burela queda en 12.
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz sobe a 17, 1 máis.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 3 ata 30.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro, 34 casos, 1 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza baixa a 29 casos (1 menos).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte queda en 16.
  • Castro de Rei suma 3 ata 42.
  • Cospeito volve subir ata 12.
  • Friol volve ter casos tras 15 días limpo.
  • Guitiriz reduce a 11 (1 menos).
  • Meira reduce a 10 (1 menos).
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sobe 2 casos ata 18.
  • Pol volve ter algún caso.
  • Rábade baixa 3 ata 16.
  • Vilalba sobe a 27, 1 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, sen casos novos na última semana.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe 1 caso ata 40.
  • Triacastela volve ter algún positivo.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 22, 5 máis.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá chega a 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo sobe de novo ata 357 casos, 7 máis.
  • Monterroso dá un novo salto en positivo ata 21 (9 máis).
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, menos de 10.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, sen novos casos en quince días.
  • Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, por debaixo de 10.
  • Chantada sobe ata 37, 5 máis.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 204, 23 máis.
  • O Saviñao sobe ata 15 (4 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.