Skip to main content
Axenda AMARIÑAXABurela

A mostra de Kinetiko estará en Lourenzá

Por 23 Setembro, 2021Setembro 24th, 2021Sin comentarios

Vilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus. O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Xira Paus é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola) que surxiu co propósito de dar e pór en valor o universo dos autómatas.

Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatriño de guiñol automatizado homenaxe do tradicional títere de cachiporra, diferentes efectos especiais recurrentes no teatro. A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.

Así pois, o horario no que se poderá visitar e estará activa será de 17.00 a 20.00 horas. A mostra está organizada polo Concello de Burela e colaboran a área de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e Trécola Produccións.

Dende o Concello recordan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias do momento da celebración.