Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Valadouro

O Valadouro organiza un ano máis as escolas deportivas municipais

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro organiza un ano máis as escolas deportivas municipais e nesta ocasión de patinaxe e de fútbol.

Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos que cursen estudos dende 4º de infantil ata 6º de primaria, para patinaxe, e dende 4º de infantil ata 4º de ESO para fútbol.

En fútbol, o comezo do curso será o 1 de outubro cun mínimo de 5 alumnos en horarios divididos nas categorías. Así, os cadetes serás os martes de 16:00 a 17:00 e os venres de 16:00 a 17:00, os alevíns os luns de 17:00 a 18:00 e mércores de 16:00 a 18:00, os infantís os xoves de 16:00 a 18:00, os prebenxamíns os martes de 17:00 a 18:00  e venres de 17:00 a 18:00, e os máis cativos, os biberóns serán os luns de 16:00 a 17:00.

O comezo das clases de patinaxe será o 6 de outubro e contará cun mínimo de 6 alumnos para a realización da actividade divididos en dous grupos durante os mércores, o 1 en horario de 16.00 a 17.00 e o 2 de 17.00 a 18.00 horas.

O lugar de realización será o pavillón polideportivo do Concello do Valadouro e nos campos de fútbol.

As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade. A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.

O prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.