Skip to main content
Barreiros

O Arco da Vella de San Miguel de Reinante prepara clases de baile

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

A Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante organiza opara esta nova tempada cursos de baile tradicional.

Ademais de baile impartirán clases de pandeireta, percusión e gaita, e as clases serán todos os venres e comezarán a partir do 22 de outubro.

Os interesados poderán anotarse antes do 10 de outubro chamando aos teléfonos 628 739 224 ou 686 156 170.

A actual asociación Arco da Vella de Barreiros ten a súa orixe hai 41 anos e ten a peculiaridade de manterse e fortalecerse neste tempo grazas ao seu espírito familiar a ao traballo da súa directiva por manterse xuntos e crecendo sempre.