Skip to main content
Lourenzá

O primeiro concurso morfolóxico do cabalo de PRG de Lourenzá será en outubro

Por 14 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá acollerá o Primeiro concurso morfolóxico do cabalo de pura raza galega e a Exposición do cabalo galego o 10 de outubro no exterior do recinto feiral.

A xornada contará con varios concursos como o morfolóxico de eguas e cabalos e de poldros e poldras, así como será a presentación do proxecto Cabalo Marchador Galego.

Xa pola tarde haberá unha carreira de andadura do cabalo do país.