Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo avanza na rehabilitación das antigas escolas rurais

Por 4 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo avanza na rehabilitación das antigas escolas rurais e prepara a restauración da de Vilamor. O orzamento ascende a 29.604,15 euros, dos que 26.644,15 os aportará a Xunta e o resto correrá por conta do Concello.

A intervención nesta escola foi deseñada pensando en salvagardar tanto as características tipolóxicas construtivas e estruturais como os valores histórico-artísticos e arquitectónicos.

As obras a executar son as necesarias para dotar ao edificio das condicións para a súa habitabilidade, entre elas a reparación da cuberta de lousa. Inclúe a instalación eléctrica, fontanería, saneamento e auga quente. Estas garantirán a estanqueidade fronte á humidade, que está deteriorando paulatinamente os elementos construtivos. Igualmente, todas as estancias serán dotadas de carpinterías que permitan a correcta ventilación e iluminacións das mesmas.

O proxecto inclúe tamén, entre outras intervencións, o pintado tanto exterior como interior, o alicatado alí onde é preciso e a renovación dos solos.