Skip to main content
Axenda Caducada

Celebran esta fin de semana un obradoiro de Revoco na Casa das Insuas de Rábade

Por 1 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

A asociación Custodia do Territorio celebrará esta fin de semana, 4 e 5 de setembro, de 10:00 a 18:00, un Obradoiro de Revoco con barro na Casa das Insuas.

As dúas xornadas serán eminentemente prácticas para aprender a realizar os proxectos de bioconstrución. O obradoiro é de balde pero é preciso anotarse, pois dispoñemos só de 10 prazas.

A inscrición pode realizarse no formulario que se atopa na web da asociación e a información pode solicitarse a través de whatsApp no teléfono 670 514 888 (Roberto). É necesario levar roupa e calzado de traballo.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a realización de actividades nas Insuas do Miño, Ollos de Begonte e Casa das Insuas.