Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan o sábado en Outeiro de Rei unha sesión de ioga

Por 7 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

Este sábado 11 de setembro impartirase unha clase de ioga no Concello de Outeiro de Rei. O horario é de 10 da mañá a 1 da tarde e o lugar o campo de fútbol de Gaioso. É obrigatorio o uso da máscara durante toda a clase e debe levar cada un a súa alfombra.

A participación é totalmente gratuíta. Este evento é organizado por Decathlon e os que desexen máis información poden poñerse en contacto con Alberto Sánchez, organizador, no teléfono móbil 651 070 344.