Skip to main content
Axenda Caducada

A Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo ten aberto o prazo de matrícula

Por 8 Setembro, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

A Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo xa ten aberto o prazo de matrícula ata o día 31 de outubro para o vindeiro curso 2021-22. Todos aqueles interesados poderán informarse e/ou formalizar a matrícula nas instalacións da escola sitas na praza de Xaime Cabot.

Impártense clases para nenos a partir dos catro anos, e agrupados segundo as súas idades nos niveis de aprendizaxe de música e movemento, formación básica, linguaxe musical, análise musical, formación de adultos, etc. Conta con  diferentes especialidades instrumentais coma corda fretada, corda punteada, vento madeira, vento metal, percusión, piano e canto, así como tamén diferentes agrupacións coma a aula de coro, banda , orquestra  e aula de música moderna e jazz.

As clases para este vindeiro curso académico 2021-22, darán comezo o mércores día 15 de setembro a partir das 16.30 horas, e os alumnos poden recoller os respectivos horarios e formalizar a matrícula se o desexan a partir do mércores día 8 de setembro dende as 16.30 horas.