Skip to main content
Axenda Caducada

Trinta e seis equipos participarán no torneo internacional de veteranos de Ribadeo

Por 9 Setembro, 2021Setembro 12th, 2021Sin comentarios

Trinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal daranse cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias.

Esta é a 15ª edición dado que o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo. O presidente da Asociación de Veteranos do Ribadeo FC, Juan Rodríguez Peceux, explicou que “nesta 15ª edición do torneo de veteranos son 36 equipos. Tivemos que baixar o número deles por temas de seguridade e medidas covid, para non ter tanta aglomeración nos campos e cumprir con todas as peticións que nos fixeron. Son equipos que pertencen a 8 comunidades españolas e tamén hai clubs portugueses”.

E engadiu: “queremos agradecer a todos estes equipos porque fan un esforzo moi grande para vir a Ribadeo, máis na situación na que estamos. Tamén agradecemos a colaboración que temos do Concello de Ribadeo, que é o que máis soporta toda esta infraestrutura, así como dos distintos colaboradores. O sector servizos é o que máis nos apoia e realmente todo isto non se podería levar a cabo sen esta colaboración que recibimos deles. Esperemos que todo saia ben e poder empezar a pensar na edición do 2022, na que desexamos non ter tanta limitación como na deste ano”.