Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Jaime Caravaca e Grison Beatbox ofrecerán o seu espectáculo en Lugo

Por 20 Setembro, 2021Sin comentarios

Jaime Caravaca e Grison Beatbox volven de novo á carga esta tempada para ofrecernos un único e irrepetible show que mistura comedia e beatboxing nun ambiente moi participativo e con moita improvisación.

Nesta ocasión será o día 22 de outubro no auditorio Gustavo Freire ás 21.30 horas e contarán cos mellores monólogos de Caravaca, as escenas conxuntas, dobraxe en directo, e as cancións imposibles de Grison cun insuperable beatbox e o seu inseparable loopstation.

As entradas para este espectáculo xa están á venda.