Skip to main content
Lugo

Invisten 25.000 euros na mellora do acceso ao local dos veciños de Santa Cristina de San Román

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

A Xunta de Galicia investiu 25.000 euros nas obras de execución dunha soleira arredor do local social da Asociación de Veciños de Santa Cristina de San Román, no municipio de Lugo. A intervención enmárcase dentro do apoio que a Xunta presta ás entidades veciñais para facilitar a realización das súas actividades.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu ao acto de inauguración convocado pola entidade veciñal; foi este colectivo o que promoveu os traballos co obxectivo de mellorar o acceso á súa sede e tamén de acondicionar un espazo que utilizan ao longo do ano para diversas actividades.

O centro social da parroquia ocupa o edificio da antiga escola unitaria, e acolle actos comunitarios como reunións de veciños ou cursos de formación; na explanada exterior,  agora acondicionada, tamén se celebran encontros de carácter social e festivo.

Arias gabou o labor de dinamización e de cohesión social que realiza o movemento veciñal, e destacou o apoio da Xunta para que dispoñan das infraestruturas e os recursos axeitados para levar a cabo as súas funcións.