Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Tomé lidera a lista do PSOE provincial para o congreso federal do partido

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

O presidente provincial subliña que a delegación que acudirá a Valencia “é un bo retrato do que representa hoxe o socialismo na provincia, un partido con gran forza no territorio, que traballa para mellorar a vida dos veciños e veciñas, para que teñan mellores servizos públicos e para xerar actividade económica e emprego”.

O presidente do PSdeG na provincia de Lugo, presidente da Deputación e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer este xoves as persoas que conforman a delegación lucense que representará ao partido no Congreso Federal que se celebrará en Valencia entre os días 15 e 17 de outubro para revalidar a Pedro Sánchez como secretario xeral dos socialistas.

José Tomé fixo pública a lista no día de hoxe, despois de que a súa candidatura fose a única proclamada na provincia e unha vez recollidos e presentados os avais necesarios.

O presidente provincial dos socialistas lidera unha lista de 12 delegados, 6 homes e 6 mulleres, “unha lista paritaria, en cremalleira, que é representativa do Partido Socialista na provincia, tanto no plano institucional, como orgánico”, subliñou Tomé Roca. “Esta delegación é un bo retrato do que representa a día de hoxe o socialismo na provincia de Lugo, un partido que ten unha gran presencia e forza no territorio, que goberna na Deputación, e que goberna ou cogoberna en 31 concellos, que aglutinan a máis de 211.000 habitantes, o 65% da poboación. Un partido que, tanto dende responsabilidades de xestión, como tamén dende a oposición, traballa para mellorar a vida dos veciños e veciñas, para que teñan mellores servizos públicos e para xerar actividade económica e emprego”.

A lista de delegados e delegadas que representará ao PSdeG provincial no 40º Congreso Federal é a seguinte:

1.- José Tomé Roca, Presidente provincial do PSdeG, Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte

2.- Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo

3.- Francisco Cajoto Caserío, Alcalde de Foz

4.- Patricia Otero Rodríguez, Secretaria provincial do PSdeG de Lugo e Deputada Autonómica

5.- José Antonio Quiroga Díaz, Secretario de Organización do PSdeG e Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

6.- Pilar García Porto, Voceira socialista do Goberno da Deputación,         Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e Voceira do PSdeG no Concello de Antas de Ulla

7.- Xosé María Arias Fernández, Alcalde de Castroverde e Deputado provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos

8.- María Loureiro García, Alcaldesa de Viveiro e Deputada provincial de Muller e Igualdade

9.- José Luis Raposo Magdalena, Alcalde de Pedrafita do Cebreiro e Deputado provincial de Medio Ambiente

10.- Marisol Morandeira Morandeira, Alcaldesa de Guitiriz

11.-. Iván Castro Díaz, Voceiro do PSdeG no Concello de Paradela

12.- Ana Prieto Nieto, Deputada do PSdeG no Congreso dos Deputados

Suplentes:

1.- Pablo Rivera Capón, primeiro tenente de Alcalde do Concello de Láncara e Deputado provincial de Promoción Económica e Social

2.- Silvia Rodríguez Díaz, Voceira do PSdeG no Concello de Portomarín

3.- Eduardo Vidal Baamonde, militante do PSdeG no concello de Vilalba

A delegación lucense acudirá ó Congreso de Valencia “para respaldar e reforzar o proxecto liderado por Pedro Sánchez. Un proxecto, subliñou o Presidente, que volveu a poñer á provincia de Lugo na axenda política e no mapa das infraestruturas, despois da década absolutamente perdida que supuxeron para Lugo os sucesivos gobernos do Partido Popular con Mariano Rajoy, anulando incluso contratos xa asinados como o da Estación Intermodal de Lugo”.

“Queremos reforzar este proxecto convencidos de que facelo é o mellor para o futuro da provincia de Lugo e de Galicia, e farémolo aportando a nosa visión, que inclúe tanto a opinión dos militantes de base, como a nosa experiencia de goberno nas institucións”, afirmou José Tomé, quen recalcou que “a defensa e o compromiso firmes cos servizos públicos e cunha recuperación económica sostible na que traballa Pedro Sánchez é tamén o mellor antídoto para os recortes, e para a falta de estratexia e de visión de país de Feijóo na Xunta de Galicia”.