Skip to main content
Agro TERRACHÁXAComarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Convocan as axudas para fomento da maquinaria agrícola en réxime asociativo

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo. 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.

O obxectivo destas subvencións é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización. Outras finalidades pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no rural galego.

As axudas apoian, en concreto, os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos-económicos de viabilidade daquelas entidades asociativas do sector agrario que queiran dar servizo aos seus socios a través deste sistema que permite compartir a maquinaria.

O importe das subvencións será do 35% dos custos, unha porcentaxe que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas. Os interesados nestas achegas contan cun mes de prazo para solicitalas a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Enlace á convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210921/AnuncioG0426-080921-0001_gl.html