Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde insta a cortar as pólas das estradas municipais e provinciais

Por 14 Setembro, 2021Sin comentarios

O portavoz popular en Castroverde, Rubén Otero, afirma que o alcalde e o presidente da Deputación “descoñecen que os transportistas e as empresas que teñen camións, afrontan moitos problemas por culpa de que hai moitos tramos nas estradas municipais e provincias nos que as pólas que voan sobre as calzadas provocan danos nos vehículos pesados e risco para a súa seguridade”. Por elo, Otero insta ao alcalde a adoptar medidas para que sexan cortadas as ramas alí onde é necesario, e a que xestione con Tomé que adopte medidas similares nas vías da Deputación, “medidas que reclaman os titulares de vehículos pesados no municipio”.

O portavoz popular en Castroverde explica: “En Castroverde hai moitos camións, entre outras cousas porque hai empresas que teñen frotas de certa importancia, e a maiores, claro, hai a circulación de camións de fóra do municipio. As ramas que voan sobre as estradas, a baixa altura, non afectan aos turismos, pero si e moito aos vehículos pesados”.

Otero engade: “Ao rozar coas cabinas ou coas lonas dos remolques producen danos. É moi desagradable e nada barato ter que sacar unha lona raxada por unha rama e ter que levala a coser”.

O mesmo representante popular explica: “Cando esas ramas caen sobre a calzada, ben porque secaron, ben polo roce cos camións, constitúen un perigo para todo o tráfico”.

Os populares de Castroverde esperan que o alcalde tome nota e faga as xestións oportunas para intervir nos tramos nos que sexa necesario das estradas municipais e para animar a Tomé a facer o mesmo nas provinciais.