Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol adhírese ás Escolas Mancomunadas de Música

Por 2 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol aposta pola formación musical para os seus veciños e veciñas, e decide unirse aos concellos de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, para formar parte das Escolas Mancomunadas de estes catro concellos.

Esta Escola de Música conta actualmente con 278 alumnos e 23 profesores. Resulta salientable a singularidade de un modelo inédito en este ámbito, xuntando esforzos de distintas administracións locais. Fixeron un intenso traballo, apoiado na forte convicción dos principais axentes coordinados, Áreas de Cultura dos diferentes concellos, os de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei, e agora Friol, profesorado, familias de alumnos e veciños, a través da Asociación “Músico Crisanto”. Xurdiron agrupacións de moi diversos estilos: Murajazz Big Band, Young Murajazz Big Band, Grupo de Pandeiretas e Voz Tradicional, Tirapadiante Grupo Tradicional, Banda de Gaitas Sons da Chaira, Coro da Asoc. Músico Crisanto, Banda Infantil da Escola e Banda “Sons e Soños”.

Gracias a esta adhesión, as persoas empadroadas en Friol e que teñan ganas de formarse musicalmente, terano algo máis fácil, xa que os mestres e mestras que forman parte de estas Escolas Mancomunadas, poderán impartir as súas clases no municipio de Friol.

Esta formación impartirase dende o 1 de outubro ata o 31 de maio, que será a duración de este curso 2021-2022.

O Concello de Friol conta con varios locais nos que se poderán levar a cabo as clases musicais: a aula formativa do Centro Colaborativo, o Centro Sociocultural, e tamén, en colaboración co centro escolar, no recinto do C.P.I. Doutor López Suárez.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do 6 de setembro, preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible na páxina web www.musicocrisanto.com. Tamén pode realizarse esta inscrición contactando coa administración Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou presencialmente no Concello de Friol en horario de 9h ata as 15h. Toda a información e as tarifas correspondentes aparecen reflexadas na páxina web da Asociación.

No formulario xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais ou compartidas no mesmo momento da inscrición, de modo que as prazas se reparten por orde de inscrición.

Con este xesto, o Concello de Friol quere apostar por dar servizos e formación de calidade ás familias do rural, en este caso ás do municipio de Friol.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “seguimos apostando por dar servizos e opcións de calidade ás persoas e ás familias que deciden quedarse a vivir no rural, e ás que deciden instalarse nel, sen ter que desprazarse á capital para todo”.